#OfíodeAriadna "As tecedoras de historias"

“Un tesoro de mujeres excepcionales nos ha legado la cultura griega. El dolor, la fidelidad, la justicia, la alegría, la belleza, la amistad, la bondad, llenan las páginas de la épica o la tragedia. Esos sentimientos ideales los encarnan personajes femeninos que han llegado vivos hasta nuestros días como Ifigenia, Helena, Creusa, Calipso, Fedra, Danae, Antígona, Penélope, Electra, Nausicaa, Dafne, Casandra”. E. LLedó

STRAUSS Ariadna en Naxos

Richard Strauss


A ópera Ariadna en Naxos, de Richard Strauss , foi escrita nun principio cun só acto precedido pola representación da obra de Molière «O xentilhome burgués» para a que Strauss escribiu a música . Así foi como se estreou e representou en varias cidades. Posteriormente, engadíronlle un Prólogo e descartouse a obra de Molière. Esta nova versión estreouse en Viena en 1916, e así é como se seguiu a representar ata a actualidade.
Pero a nós o que nos interesa tamén aquí e ver o mito ao que Strauss ( o do vals do Danubio Azul , de cada Ano Novo) lle deu forma de ópera.
A historia comeza cunha rapaza filla de Minos e Pasifae, reis de Creta, que se namora de Teseo, príncipe e heroe lendario de Atenas, fillo de Exeo….que ven a liberar ao seu pobo do tributo do Minotauro. Ariadna regaloulle un nobelo para que unha vez no labirinto non se perda ( esa é outra historia) , fóra desenrrolándoo e puidese servirlle de guía e indicarlle o camiño de regreso.
Cando Minos soubo que Teseo tiña matado ao minotauro montou en cólera polo que Teseo tivo que apresurarse na fucxida na que o acompañou Ariadna. Pero ela nunca chegou a ver a terra de Teseo, Atenas, pois nunha escala que el fixo na illa de Naxos, abandonouna durmida na beira.
Ariadna non se amedrentou e esqueceu as súas penas de amor co deus Dionisio, ( o cambio non parece malo….) quen se namorou profundamente dela, tanto que casou con ela e levouna ao Olimpo. Como agasallo de vodas deulle unha diadema de ouro que fixo Hefesto e que logo se converteu en constelación; e de Teseo nin se voltou a recordar….

Fragmento da ópera
Bibliografía:
http://xurl.es/RichardStrauss
http://xurl.es/AriadnaenNaxos  

Autoría: Daniel Riveiro




Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Información

Esta entrada fue publicada en 29/11/2018 por y etiquetada con , , , .

CC BY NC SA

Dereitos Propiedade Intelectual

Neste blog utilizamos imaxes, textos e ligazóns cunha finalidade didáctica e educativa. Se algunha persoa ou institución considera que se vulneran os seus dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retiralos de inmediato.

proxectossab@gmail.com

Grazas

 

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies