#OfíodeAriadna "As tecedoras de historias"

“Un tesoro de mujeres excepcionales nos ha legado la cultura griega. El dolor, la fidelidad, la justicia, la alegría, la belleza, la amistad, la bondad, llenan las páginas de la épica o la tragedia. Esos sentimientos ideales los encarnan personajes femeninos que han llegado vivos hasta nuestros días como Ifigenia, Helena, Creusa, Calipso, Fedra, Danae, Antígona, Penélope, Electra, Nausicaa, Dafne, Casandra”. E. LLedó

Mulleres como botín de guerra

Frederic Leighton, Andrómaca cautiva, 1886
@dominiopúblico
 Neoptólemo arroja a Astianacte desde las murallas
@dominiopúblico

Dende a noite dos tempos as mulleres son parte do botín de guerra xuntos cos outro tipo de obxectos, tendo así condición de «cousa». Temos que na propia Ilíada se fala do «reparto do botín» sendo unha ceremonia milenaria na que todos os bens expoliados aos vencidos eran levados ao centro do campamento e alí de acordo a unha estricta xerarquía os caudillos e os seus homes ían recibindo a parte que lles correspondía….

Podemos poñer como exemplo desta consideración das mulleres como posesións dos guerreiros o propio comezo da Ilíada coa «cólera de Aquiles«, provocada porque o caudillo Agamenón esixe a devolución de Briseida que lle tocara no reparto ao propio Aquiles o que ocasiona o abandono do heroe tesalio do combate e o comezo do conflito narrado na ILÍADA.

“Pero te voy a hacer esta amenaza: igual que Febo Apolo me quita a Criseida, y yo con mi nave y con mis compañeros la voy a enviar, puede que me lleve a Briseida, de bellas mejillas, tu botín, yendo en persona a tu tienda, para que sepas bien cuánto más poderoso soy que tú”

Homero: Ilíada I
Procedente de Alicia Esteban Santos
De princesas a esclavas. Troya

(Heroínas de la mitología griega III)

No esquema anterior vemos o tráxico final de todas as mulleres principais de Troia; as que no remataron mortas, foron levadas á forza como escravas sexuais dos gañadores na batalla.

Na actualidade temos moitos casos similares a estas historias que nos amosa a traxedia grega pero desgrazadamente son unha realidade que podemos atopar nos medios de comunicación todos os días. Serían innumerables os casos ao longo da historia de mulleres empregadas como botín de guerra, escravas sexuais e mesmo reproductoras de fillos para os seus inimigos que logo sonlles arrebatados; vexamos aquí so algúns exemplos:

Nixeria 2015: nenas secuestradas e violadas pola secta fundamentalista islámica Boko Haram que por certo significa » a educación é pecado«….da arrepíos solo pensalo!!

Arxentina, 1978
As aboas reclaman aos seus netos/as arrebatados dos brazos e nalgúns casos do ventre da súa nai pola dictadura do xeneral Videla


Xapón, 1943
A tropa xaponesa empregaba mulleres que capturaba doutros países como Corea e as empregaban como «mulleres de confort» tal as chamaban recluídas en campos de concentración chamados » Estacións de confort», eufemismo para falar de prostíbulos en condicións infrahumanas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Información

Esta entrada fue publicada en 28/05/2019 por y etiquetada con , , , .

CC BY NC SA

Dereitos Propiedade Intelectual

Neste blog utilizamos imaxes, textos e ligazóns cunha finalidade didáctica e educativa. Se algunha persoa ou institución considera que se vulneran os seus dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retiralos de inmediato.

proxectossab@gmail.com

Grazas

 

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies