“Un tesoro de mujeres excepcionales nos ha legado la cultura griega. El dolor, la fidelidad, la justicia, la alegría, la belleza, la amistad, la bondad, llenan las páginas de la épica o la tragedia. Esos sentimientos ideales los encarnan personajes femeninos que han llegado vivos hasta nuestros días como Ifigenia, Helena, Creusa, Calipso, Fedra, Danae, Antígona, Penélope, Electra, Nausicaa, Dafne, Casandra”. E. LLedó
Clitemnestra: asesina ao seu marido xunto co seu amante. SÉCULO V aC.
Clitemnestra mata a Agamenón (dib. de Roger Payne)
A raíña Clitemnestra pasou á historia da literatura como exemplo de muller pérfida e traidora por ter asasinado xunto co seu amante Egisto ao seu home Agamenón á volta deste da Guerra de Troia.
Está claro que a Historia e as traxedias literarias son escritas por homes. Teríamos que remontarnos á boda da propia Clitemnestra con Agamenón, boda forzada e que para ter todos os datos foi co asasino do seu primeiro marido Tiestes e do seu fillo pequeno….Ou sexa Agamenón era un home cruel que chegaba ao infanticidio….Pero non queda aí a cousa…anos despois de todo isto, cando xa Clitemnestra lle dera a Agamenón catro fillos e asumira o seu destino, os deuses caprichosos esixen o sacrificio da filla de ambos, Ifixenia, para que as naves partan cara Troia.
Que vos parece si a unha muller a casan co asasino da súa familia, a forzan a convivir con ese individuo e anos despois sacrifican como un cordeiro a súa filla por contentar aos deuses do Olimpo e os soberbios caudillos gregos???
Non nos parece moi estraña a decisión final de Clitemnestra de vingarse dun home tan infame….
E que pasa hoxe en día??? a cotío podemos ler noticias sobre