“Un tesoro de mujeres excepcionales nos ha legado la cultura griega. El dolor, la fidelidad, la justicia, la alegría, la belleza, la amistad, la bondad, llenan las páginas de la épica o la tragedia. Esos sentimientos ideales los encarnan personajes femeninos que han llegado vivos hasta nuestros días como Ifigenia, Helena, Creusa, Calipso, Fedra, Danae, Antígona, Penélope, Electra, Nausicaa, Dafne, Casandra”. E. LLedó
Dende a noite dos tempos as mulleres son parte do botín de guerra xuntos cos outro tipo de obxectos, tendo así condición de «cousa». Temos que na propia Ilíada se fala do «reparto do botín» sendo unha ceremonia milenaria na que todos os bens expoliados aos vencidos eran levados ao centro do campamento e alí de acordo a unha estricta xerarquía os caudillos e os seus homes ían recibindo a parte que lles correspondía….
Podemos poñer como exemplo desta consideración das mulleres como posesións dos guerreiros o propio comezo da Ilíada coa «cólera de Aquiles«, provocada porque o caudillo Agamenón esixe a devolución de Briseida que lle tocara no reparto ao propio Aquiles o que ocasiona o abandono do heroe tesalio do combate e o comezo do conflito narrado na ILÍADA.
“Pero te voy a hacer esta amenaza: igual que Febo Apolo me quita a Criseida, y yo con mi nave y con mis compañeros la voy a enviar, puede que me lleve a Briseida, de bellas mejillas, tu botín, yendo en persona a tu tienda, para que sepas bien cuánto más poderoso soy que tú”
Homero: Ilíada I
No esquema anterior vemos o tráxico final de todas as mulleres principais de Troia; as que no remataron mortas, foron levadas á forza como escravas sexuais dos gañadores na batalla.
Na actualidade temos moitos casos similares a estas historias que nos amosa a traxedia grega pero desgrazadamente son unha realidade que podemos atopar nos medios de comunicación todos os días. Serían innumerables os casos ao longo da historia de mulleres empregadas como botín de guerra, escravas sexuais e mesmo reproductoras de fillos para os seus inimigos que logo sonlles arrebatados; vexamos aquí so algúns exemplos:
Nixeria 2015: nenas secuestradas e violadas pola secta fundamentalista islámica Boko Haram que por certo significa » a educación é pecado«….da arrepíos solo pensalo!!