#OfíodeAriadna "As tecedoras de historias"

“Un tesoro de mujeres excepcionales nos ha legado la cultura griega. El dolor, la fidelidad, la justicia, la alegría, la belleza, la amistad, la bondad, llenan las páginas de la épica o la tragedia. Esos sentimientos ideales los encarnan personajes femeninos que han llegado vivos hasta nuestros días como Ifigenia, Helena, Creusa, Calipso, Fedra, Danae, Antígona, Penélope, Electra, Nausicaa, Dafne, Casandra”. E. LLedó

Viuvas de vivos e viuvas de mortos

Escena obra teatral de As Troianas de Eurípides
Adaptación de Mayorga con Concha Velasco
2019
Noticia prensa 2006

En moitas traxedias temos que o final das mulleres de todas as edades e estratos sociais nos conflitos bélicos é morrer como os homes no campo de batalla ou posteriormente cando xa non teñen o apoio dos homes. Na foto de cabeceira temos a anciana raíña Hécuba, viuva de Príamo, cando xa non lle quedan fillos nin esposo na vida.

Sobre a súa morte hai tres versións todas terribles: asasinada polos vencedores gregos, suicida ou transformada polos deuses en cadela polos seus lastimeros ouveos.

Hécuba se metamorfoseó en perra. Sus ojos de fuego despiden la rabia y el ardor de la tragedia soportada. Tras la venganza contra Polimestor, Agamenón decidió castigarla. Fue lapidada. Sin embargo, bajo el montón de piedras, no se encontró su cadáver, sino una perra de ojos de fuego.

Cerámica de figuras negras
séculos VI aC
O heroe Héctor vístese coas súas armas para o combate coa axuda dos seus pai: Príamo e Hécuba

emos outra viuva con final tráxico en Andrómaca, a esposa de Héctor, xa morto e devorado polas aves de rapiña. Cando remata a guerra de Troia, mentras arrastran a Andrómaca cara ás cóncavas naves na praia para ser concubina no reparto de Neoptólemo, Andrómaca ve como os gregos levan en volandas ao seu pequeno fillo Astianacte que será guindado dende as altas murallas da fortaleza.

O final de Andrómaca non pode ser máis arrepiante, será botín de guerra de Neoptólemo, fillo de Aquiles, non so o asasino do seu home Héctor, senón que xa no pasado tiña asasinado ao seu pai e aos seus 7 irmáns. Será unha concubina, e esclava sexual que está a punto de perder a súa vida a máns da raíña Hermíone ciumenta dos fillos que pare fruto das violacións.

Como podemos reflexionar as mulleres nos conflitos bélicos soen ser vítimas dobres, xa que si sobreviven ao propio conflito cando quedan soas poden ser botín de guerra ou quedar en condicións infrahumanas como é o caso da milenaria costume hindú do «sati» na que as viuvas se inmolan nas piras funerarias co seu propio esposo; ou temos outra posibilidade case que tan terrible, vivir no ostracismo, abandoadas por todos… “Desde que murió mi marido nadie me dirige la palabra. Creo que mi destino es sufrir” © Rocío Ovalle/FVF

Gangarathna tiene 23 años, tres hijos y una condena de por vida: guardar el luto al marido que la maltrató durante años. Después de migrar a la ciudad de Bangalore, el hombre acabó falleciendo debido al alcoholismo. Sus padres la habían casado cuando tenía 15 años con un hombre que doblaba su edad. La consecuencia de esta práctica común en la India es la viudedad de las mujeres a edades muy tempranas. Según los últimos datos del 2001, en Andhra Pradesh había 14.000 viudas menores de 19 años.

Bibliografía:
– Eurípides: As Troianas, ed. Gredos
– Eurípides: Andrómaca, ed. Gredos
http://www.fundacionvicenteferrer.org/es/noticias/las-viudas-indias-condenadas-morir-en-vida (consultado Xuño 2019)
https://es.wikipedia.org/wiki/Sat%C3%AD_(ritual) (consultado Xuño 2019)



Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Información

Esta entrada fue publicada en 03/06/2019 por y etiquetada con , , , , , .

CC BY NC SA

Dereitos Propiedade Intelectual

Neste blog utilizamos imaxes, textos e ligazóns cunha finalidade didáctica e educativa. Se algunha persoa ou institución considera que se vulneran os seus dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retiralos de inmediato.

proxectossab@gmail.com

Grazas

 

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies