“Un tesoro de mujeres excepcionales nos ha legado la cultura griega. El dolor, la fidelidad, la justicia, la alegría, la belleza, la amistad, la bondad, llenan las páginas de la épica o la tragedia. Esos sentimientos ideales los encarnan personajes femeninos que han llegado vivos hasta nuestros días como Ifigenia, Helena, Creusa, Calipso, Fedra, Danae, Antígona, Penélope, Electra, Nausicaa, Dafne, Casandra”. E. LLedó
Dende a noite dos tempos os fillos poden ser vítimas inocentes dos ciumes ou da vinganza dos proxenitores. Cada día podemos ler ou ver noticias terribles na que o pai ou a nai asesinan os seus propios fillos/as para facer dano á súa parella ou exparella.
O caso máis coñecido é o da princesa Medea que asasina aos seus dous fillos cando o seu marido Jasón casa coa princesa Glauké filla de Creonte, rei de Corinto e repudia a Medea. Está claro que é unha aberración que unha nai faga iso pero tamén hai que recordar os sacrificios que fixo Medea traizoando á súa familia por favorecer a Jasón.
Cerámica grega s.V aC.
Museo Arqueolóxico de Atenas
Outro dos casos máis coñecidos é o do deus Cronos devorando aos seus fillos, segundo os ía parindo a súa nai a deusa Rea; neste caso os motivos son a ambición e o poder. Segundo a profecía un dos fillos asasinaría ao pai e o sucedería no poder do mundo.
Saturno devorando aos seus fillos
Goya, s. XIX Museo do Prado
Poderíamos citar outros moitos casos, por exemplo o de Hércules que asasinou a súa muller Mégara e aos seus fillos nun ataque de loucura provocado polos ciumes de Hera.
Hércules asasinando a súa familia
Cerámica arcaica s.VI aC
Museo Arqueolóxico de Atenas
Sen embargo é curioso que no mundo da psiquiatría e psicoloxía so se fala dun trastorno propio das mulleres, especialmente das nais que asasinan aos seus fillos e normalmente tamén se suicidan; este trastorno denomínase Síndrome de Clitemnestra , definido como «situación patolóxica que padecen nais e pais onde debe incluírse non só o abandono e o dano físico, senón tamén as agresións psicofísicas ou afectivo-emocionais ou o dano social, económico e mesmo a morte«
As manifestacións literarias en traxedias, pictóricas, escultóricas e musicais son abundantes dende a Antigüidade Clásica antes de Cristo ata á actualidade e poderíamos citar a artistas de todos os tempos que plasmaron este mito de diversas maneiras…
Como conclusión poderíamos decir que o home moderno non é máis cruel nin menos que no pasado e os crímenes e aberracións seguen sendo agora como antes os mesmos.
– GONZÁLEZ GALVÁN, M.Gloria: El lado oscuro de la maternidad en la literatura griega. pdf descargado 3/06/ 2019
– GRIMAL, P: Diccionario de Mitología Griega, ed. Paidós, 2010
– https://psiquiatria.com/glosario/complejo-de-medea consultado Junio 2019