#OfíodeAriadna "As tecedoras de historias"

“Un tesoro de mujeres excepcionales nos ha legado la cultura griega. El dolor, la fidelidad, la justicia, la alegría, la belleza, la amistad, la bondad, llenan las páginas de la épica o la tragedia. Esos sentimientos ideales los encarnan personajes femeninos que han llegado vivos hasta nuestros días como Ifigenia, Helena, Creusa, Calipso, Fedra, Danae, Antígona, Penélope, Electra, Nausicaa, Dafne, Casandra”. E. LLedó

LUCILIO

«Pero si amas ingenuamente a tu esposa, si tu corazón está entregado a ella sólo, agacha la cabeza y prepara, ay, el cuello para llevar el yugo. No encontrarás ni una que respete a quien la ama».

Lucilio: Sátira VI, vv 206-208

Cayo Lucilio (148a.c.-102a.c.) foi un escritor romano considerado o creador da sátira como xénero literario. Lucilio escribiu 30 libros de sátira dos que se conservan 1300 fragmentos e que tratan tres temas principais: autobiográfico, onde narra eventos que lle sucederon en viaxes; política, realizando escritos contra o senador Lupo tachado de corrupto e nos que tamén fala sobre gramática e retórica; vicios humanos, criticando diferentes costumes gregas da nobreza desde puntos de vista morais e filosóficos. Deste xeito Lucilio escribiu baixo a influencia helénica e a filosofía estoica.

Lucilio tamén é coñecido por ser un home misóxino, rasgo palpable nalgún fragmento das súas sátiras, como sucede no seu XXVI libro onde menciona as calamidades e males que conleva para un home casarse, facendo fincapé nun destes males como son as infidelidades ao considerar á muller infiel por «natureza». Como este comentario misóxino hai moitos provintes de moitos filósofos, escritores e intelectuais da época que a pesar de ser persoas avanzadas para o seu tempo en campos como poden ser as matemáticas, astronomía etc, posuían un pensamento acerca das mulleres de aversión, ao considerar que estas deben estar exentas de toda actividade intelectual e polo tanto non poden participar en debates públicos, tendo que cercarse no ámbito doméstico e de coidado dos fillos así como ser «boas» esposas baixo o mandato do marido.

Fonte: www.imperioromanodexaviervalderas.blogspot.com

Bibliografía:

https://violenciadegeneroeigualdad.weebly.com
www.imperioromanodexaviervalderas.blogspot.com
Lucilio_Sátira 6ª

Autoría: Daniel Riveiro Díaz

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Información

Esta entrada fue publicada en 28/10/2018 por y etiquetada con , , , .

CC BY NC SA

Dereitos Propiedade Intelectual

Neste blog utilizamos imaxes, textos e ligazóns cunha finalidade didáctica e educativa. Se algunha persoa ou institución considera que se vulneran os seus dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retiralos de inmediato.

proxectossab@gmail.com

Grazas

 

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies