“Un tesoro de mujeres excepcionales nos ha legado la cultura griega. El dolor, la fidelidad, la justicia, la alegría, la belleza, la amistad, la bondad, llenan las páginas de la épica o la tragedia. Esos sentimientos ideales los encarnan personajes femeninos que han llegado vivos hasta nuestros días como Ifigenia, Helena, Creusa, Calipso, Fedra, Danae, Antígona, Penélope, Electra, Nausicaa, Dafne, Casandra”. E. LLedó
Herbert James: Ferens Art Gallery, Reino Unido.
Ulises e as sereas é un cadro do pintor Herbert James Draper, pintado no ano 1909. Este pintor victoriano acostumaba realizar pinturas de temática mitolóxica, como pasa neste cadro, no que Herbert representa o momento no que as sirenas tentan atraer a Ulises e a súa tripulación a través do seu doce canto ao que ningún mortal se pode resistir. Esta escena mitolóxica pertence ao canto XII da obra de Homero a Odisea na que se narran as peripecias que lle suceden a Ulises (Odiseo) na súa longa viaxe surcando os mares. Como dato importante a destacar no cadro tamén debemos dicir que está pintado coa técnica do óleo sobre o lenzo que consiste na utilización duns pigmentos a base de aceite de orixe vexetal.
Bibliografía:
es.wikipedia.org
Volvendo ao tema do cadro, este representa o momento no que as sereas, seres mitolóxicos con corpo de ave rapaz, rostro de muller e dotadas cunha voz anxelical tentan atraer a Ulises e a súa tripulación fóra do seu barco co fin de facelos afogar no mar. Deste xeito Ulises advertido previamente pola feiticeira Circe do perigosas que son as sereas ordea aos seus tripulantes que o aten ao mástil do barco e que logo diso tapen os oídos con cera para non escoitar o canto das sereas. Desta forma no cadro podemos observar como Ulises a pesar de estar baixo os efectos da voz das sereas e incapaz de moverse ao estar atado.
Bibliografía:
redhistoria.com
Autor: Daniel Riveiro Díaz