“Un tesoro de mujeres excepcionales nos ha legado la cultura griega. El dolor, la fidelidad, la justicia, la alegría, la belleza, la amistad, la bondad, llenan las páginas de la épica o la tragedia. Esos sentimientos ideales los encarnan personajes femeninos que han llegado vivos hasta nuestros días como Ifigenia, Helena, Creusa, Calipso, Fedra, Danae, Antígona, Penélope, Electra, Nausicaa, Dafne, Casandra”. E. LLedó
A beleza feminina como forza destrutora
Helena de Troia, filla de Zeus e Leda, era unha muller de gran beleza, o que ocasionou que durante a súa vida fora raptada moitas veces, nun primeiro momento cando tiña 12 anos foi raptada por Teseo, sendo liberada polos seus irmáns; a posteriori casaríase con Melenao, príncipe de Micenas. O matrimonio foi feliz ata que apareceu Paris, fillo do rei de Troia que provocaría o desexo de Helena tras unha visita do mesmo a Esparta. Así Paris conseguiría raptar a Helena tras unha viaxe de Melenao a illa de Creta. Tras o regreso de Melenao e vista a situación, pediu axuda ao seu irmán Agamenón e aos monarcas gregos que lle prometeran fidelidade, partindo cara Troia para recuperar a Helena o que desencadearía nunha guerra que duraría dez anos e causaría a destrución de Troia .
Neste mito podemos observar como o desexo de conseguir unha muller pode desencadear en guerras, como no caso de Troia, así tamén observamos a visión da muller como un obxecto, ou trofeo de guerra, sendo únicamente importante a beleza de Helena que é o que a fai interesante e desexada, causa que provoca que os homes a raptan ao considerala unha muller débil e sumisa. Cabe destacar tamén á hora de falar de mulleres como trofeo o habitual que era nas guerras gregas raptar e violar mulleres tomadas como botíns de guerra por parte dos soldados tras o saqueo dunha cidade, por exemplo.
Bibliografía:
www.mitosyleyendascr.com
Autoría: Daniel Riveiro Díaz