“Un tesoro de mujeres excepcionales nos ha legado la cultura griega. El dolor, la fidelidad, la justicia, la alegría, la belleza, la amistad, la bondad, llenan las páginas de la épica o la tragedia. Esos sentimientos ideales los encarnan personajes femeninos que han llegado vivos hasta nuestros días como Ifigenia, Helena, Creusa, Calipso, Fedra, Danae, Antígona, Penélope, Electra, Nausicaa, Dafne, Casandra”. E. LLedó
Segundo a RAE: m. Morte dada por un pai ou unha nai ao seu propio fillo. Do lat.filius ‘fillo’ e -cidio «matar». Non sabemos si as estatísticas son certas ou se deixan levar por outro tipo de condicionantes sexistas pero son moi abundantes as noticias que falan de «filicidios maternos»
Neste traballo xa falamos da violencia dentro da familia e puxemos como exemplo mulleres como Medea, Clitemnestra ou Ágave, pero tamén falamos de homes como Hércules, Agamenón, Pélope ou Saturno.
As traxedias están cheas de historias que superan a realidade e amosan múltiples exemplos de proxenitores cometendo aberracións contra os seus propios fillos/as por motivos diversos pero todos tan antigos como a propia humanidade como os ciumes, a vinganza, a envexa, a ambición ou a loucura.