#OfíodeAriadna "As tecedoras de historias"

“Un tesoro de mujeres excepcionales nos ha legado la cultura griega. El dolor, la fidelidad, la justicia, la alegría, la belleza, la amistad, la bondad, llenan las páginas de la épica o la tragedia. Esos sentimientos ideales los encarnan personajes femeninos que han llegado vivos hasta nuestros días como Ifigenia, Helena, Creusa, Calipso, Fedra, Danae, Antígona, Penélope, Electra, Nausicaa, Dafne, Casandra”. E. LLedó

SAFO DE LESBOS

Pintura mural casa pompeyana, VI aC

Desviada, perigosa, corruptora de rapazas, lesbiana…

Temos constancia da gran importancia de Safo xa na Antiga Grecia, pois foi incluída na lista dos nove poetas líricos. É dicir, a lista dos poetas considerados canon, aqueles autores dignos de estudo e cuxa obra debía ser imitada. A súa influencia foi tal que Platón chegou a catalogala como a décima musa.

Safo viviu case toda a súa vida na illa grega de Lesbos entre os séculos VII e VI a. C. Díxose tamén que pasou un breve período en Sicilia. Pertencente á aristocracia, parece ser que fundou unha escola ou círculo de mulleres coñecido como «A casa das musas». A esta escola acudían outras mulleres pertencentes á aristocracia, preparábanse para o matrimonio, pero tamén aprendían poesía, confeccionaban grilandas, etc.

A diferenza doutros núcleos que preparaban ás mozas para o matrimonio, na escola de Safo, non se celebraba tanto a maternidade, senón o amor. As mulleres non se vían unicamente relegadas a concibir fillos, senón que trataban de achegarse á beleza, ao pracer do amor. Todo iso verase reflectido na súa poesía, algo que contrasta coa poesía masculina, destinada a heroes e a guerras.

Amor Sáfico, Waterhouse

Nos seus versos, vemos que Safo mantivo relacións con algunhas das súas alumnas, pero dise que tamén con homes e que mesmo tivo unha filla. A diferenza do que ocorrería séculos despois, no seu período non eran tan condenadas as relacións homosexuais. Podemos ver en Safo unha revolucionaria, pois se afastou do que ditaba a poesía épica da época e foi fiel a si mesma, cunha poesía intimista, erótica e sensible.

Co auxe do Cristianismo e, principalmente, durante a Idade Media, moitos dos versos de Safo perdéronse, queimáronse ou se prohibiron, o cal no nos sorprende tendo en conta a evidente homofobia da Igrexa Cristiana .

Cando falamos de amor lésbico ou amor sáfico estamos a facer alusión á propia Safo de Lesbos e, de aí, o seu significado de «amor entre dúas mulleres». O amor foi un dos xermes da súa poesía, e tamén o motivo do seu silencio. Este amor era un sentimento puro, individual, elevado, digno da poesía máis culta. A diferenza do que se entenderá en séculos posteriores, o amor sáfico non era o baixo, non era vulgar nin puramente sexual, senón refinado. Así, estas mulleres de «A casa das musas» eran aristócratas.

Fontes consultadas: 
- DUBY,G: Historia da muller na Antigüidade, Tomo I,Taurus.
- https://www.iberlibro.com/buscar-libro/titulo/historia-mujeres-antiguedad/autor/georges-duby/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Información

Esta entrada fue publicada en 02/01/2018 por y etiquetada con , , , .

Navegación

CC BY NC SA

Dereitos Propiedade Intelectual

Neste blog utilizamos imaxes, textos e ligazóns cunha finalidade didáctica e educativa. Se algunha persoa ou institución considera que se vulneran os seus dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retiralos de inmediato.

proxectossab@gmail.com

Grazas

 

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies