labtic

Proyecto colaborativo internacional sobre los movimientos migratorios a lo largo del s. XIX y XX entre Argentina y España.

José Mª Cao: “El Padre de la Caricatura Argentina”

cao2

Naceu en Santa María de Cervo o 13 de decembro de 1862. Cando tiña 13 anos comezou a mostrar as súas aptitudes co debuxo na fábrica de porcelana de Sargadelos onde traballaba seu pai. Tras o peche das Reais Fábricas en 1877, trasladáronse a Xixón, onde ingresou como pintor decorador na fábrica de louza La Asturiana. Na cidade asturiana coñeceu ao escultor galego Xosé María López Rodríguez, que lle ensinou as distintas técnicas da escultura e do debuxo. Na Coruña realizou os seus primeiros lenzos e retratos e comezou distintas carreiras como comercio, maxisterio, aduanas e telégrafos, etc.

En 1886 emigrou a Bos Aires e empezou realizando caricaturas na rúa. Un ano máis tarde pasou a dar clases nun colexio e colaborar en distintos xornais. Posteriormente colaborou na revista El Sudamericano facendo caricaturas e pouco tempo despois no semanario Don Quijote. Nesta publicación e xunto a Eduardo Soto, criticou aos gobernantes arxentinos, o que o levou en moitas ocasións ao cárcere e ao peche da revista. Isto fixo que Cao decidise fundar un xornal galego, saíndo así o primeiro exemplar de El Eco de Galicia.

Cao fixo caricaturas duras contra os ianquis, cando en 1896 comezaban a intervir na guerra separatista de Cuba contra España. En 1899 debuxou o traxe que usaron os compoñentes da rondalla do Orfeón Gallego para o entroido daquel ano; foi o debuxante do xornal humorístico ilustrado de Bos Aires, El Arlequín.

cao1

Pero onde desenvolveu o seu principal labor foi en Caras y Caretas, desde a fundación da revista, e que tivo a honra de dirixir na súa etapa máis brillante, constituíndo un modelo no seu xénero. Non houbo acontecemento político ou personaxe famoso que non tivese caricaturas, e o que é máis curioso, nos versos con que ao pé das caricaturas matizaba maravillosamente o difícil arte da sátira ou do humorismo. Nestes debuxos está a historia de varios anos de política arxentina.

Vídeos didácticos da obra de José María Cao

http://www.youtube.com/watch?v=kAbMYMNchLk

http://www.youtube.com/watch?v=2IaG5Vm_VRY

And when you&rsquore ready to take the first step toward your transition to a write my essay for me essay4today.com civilian career, dsst can help you earn college credit by exam for free

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *